a guía


Made in Galiza é un texto publicado en 2007 que abriu unha nova forma de achegamento á nosa problemática sociolingüística chegando tanto a alumnado e profesorado como a outras moitas persoas fóra dos circuítos académicos que viron nesta obra unha forma cómica e sinxela de entender a realidade lingüística na que se ven inseridos. Despois de seis edicións alguén podería pensar que este texto é un produto academicamente esgotado mais quen iso pense está nun erro pois, se cabe, aínda aumentou a súa vixencia. Nós, o profesorado, repetimos curso, pero as distintas promocións do alumnado non aprenden do que aprenderon os seus predecesores, para eles e elas, todo é sempre por primeira vez.